Fitxa del llibre
×
Narrativas do Brexit
Escribir a fronteira británica en tempos de crise
Autor/a:
María Alonso Alonso
Editor:
Universidad de Vigo
Termini de lliurament estimat:
24-72h
Sinopsi
Narrativas do Brexit. O 23 de xuño de 2016 o Reino Unido votou a favor da súa saída da Unión Europea. Este feito coñécese no argot político como o Brexit e motivou a aparición dunha serie de novelas que abordan este acontecemento político dende a ficción, principalmente en lingua inglesa. Nos diferentes capítulos deste libro, propoño utilizar postulados teóricos dende o ámbito dos estudos poscoloniais (Said, 1978; Gilroy, 2004; Koegler, Malreddy e Tribucke, 2020; entre outros) e da identidade (Kristeva, 1988; Bromhall, 2019; Hauthal, 2021; entre outros) para analizar conceptos como o de national chauvinism (Bieber, 2018) ou o de white supremacy (Sayer, 2017) á hora de achegarnos ao Brexit a través do corpus narrativo do que xa se coñece como BrexLit . A análise deste corpus literario divídese en catro capítulos diferentes nos que, despois dunha breve achega a dúas novelas que xa imaxinaban a saída do Reino Unido da Unión Europea antes mesmo de que o Brexit fose unha posibilidade, abórdase a dicotomía que se pode atopar entre obras conectadas co presente máis inmediato do país como Autumn, The Lie of the Land, The Cut, Middle England ou A Stranger City, e outras que utilizan a ficción especulativa para imaxinar o futuro próximo dun Reino Unido illado, dividido e mesmo desesperanzado como Exit West, Times of Lies, Perfidious Albion, The Wall, The Cockroach ou The Paper Lantern. O libro remata cun capítulo sobre a BrexLit en lingua galega e cunha entrevista inédita con Anna R. Figueiredo, autora da novela Os bicos feridos.