Fitxa del llibre
×
Alimentos do futuro.
Autor/a:
Jesús Simal Gándara
Editor:
Universidad de Vigo
Termini de lliurament estimat:
24-72h
Sinopsi
Alimentos do futuro.. O actual sistema alimentario experimenta unha serie de problemas que provocan impactos tanto a nivel sanitario, como social, económico, cultural e ambiental. É por iso que o desenvolvemento dunha industria alimentaria saudable, segura, sostible, xusta e inclusiva presenta grandes desafíos, como facer fronte ao cambio climático ou ao esgotamento dos recursos naturais que afectan de maneira directa á produción futura de alimentos e que dependerá en gran medida de como de ben se conserven e utilicen estes recursos. Tanto as tecnoloxías dixitais como o deseño de mellores políticas públicas poderían axudar a facer fronte a algúns dos problemas actuais do sistema alimentario. Por unha banda, a dixitalización (a través da análise de datos, os dispositivos móbiles, os equipos de precisión, as imaxes satelitales de alta resolución e a intelixencia artificial, entre outros) podería contribuír a aumentar a produtividade, a capacidade de resiliencia e a sustentabilidade dos sectores agrícola e pesqueiro. Por outra banda, un axuste das medidas políticas por parte dos gobernos (co obxectivo de orientalas ás oportunidades emerxentes) promoverá o investimento en I+D+i, sustentabilidade, infraestruturas (tanto físicas como dixitais), e sistemas de xestión de riscos.